Aviso legal

1. Titularidade do sitio web

En cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmase de que este sitio web é titularidade de:

2. Obxecto

O presente sitio web ten como finalidade facilitar información sobre as actividades, programas, recursos e servizos desenvolvidos polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cangas, así como ofrecer canles de contacto coa cidadanía.

3. Condicións de uso

O acceso e uso deste sitio web atribúe a condición de persoa usuaria, que acepta, desde o devandito acceso, as presentes condicións de uso.

A persoa usuaria comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e servizos do sitio web, de conformidade coa legalidade vixente, a boa fe e a orde pública, absténdose de empregalos con fins ilícitos ou prexudiciais.

4. Propiedade intelectual e industrial

Os contidos deste sitio web (textos, documentos, materiais didácticos, imaxes, logotipos, deseño gráfico, etc.) son titularidade do Concello de Cangas ou dispoñen das correspondentes autorizacións para o seu uso, e están protexidos pola normativa vixente en materia de propiedade intelectual e industrial.

Queda prohibida a reproducíon, distribución ou comunicación pública total ou parcial dos contidos sen autorización expresa, agás nos supostos permitidos legalmente ou baixo licenzas específicas que así o indiquen.

5. Responsabilidade

O Concello de Cangas non se responsabiliza dos danos ou prexuízos derivados do uso indebido do sitio web nin da información contida nel, nin tampouco dos contidos de sitios web externos aos que se poida acceder mediante ligazóns.

Así mesmo, non se garante a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso ao sitio web, aínda que se adoptarán as medidas necesarias para evitalos.

Volver á páxina principal